Coidar de nós
Imaxe

Manual de Contratación Pública Responsable

Red de Economía Alternativa y Solidaria (REAS)

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Esta web é unha ferramenta para facilitar a incorporación de cláusulas sociais nos pregos de contratación pública e de contratación das administracións. Permite buscar, copiar e adaptar as cláusulas máis adecuadas para incorporar obxectivos sociais, éticos e ambientais aos pregos. Tamén ofrece recursos formativos e bibliográficos.

 

A Compra ou Contratación Pública Responsable, segundo sinala a organización REAS, é unha ferramenta xurídica ao servizo dos poderes públicos para acadar valores como a redistribución da riqueza, a xustiza, a igualdade e a cohesión social. As institucións públicas contratan empresas para dar resposta ás necesidades de bens e servizos públicos e son as encargadas de elaborar as bases destes contratos, adxudicalos, supervisar o seu cumprimento e extinguilos.

Defendemos un contrato público que antepoña os intereses das persoas ao custo, un contrato que se guíe por criterios de sustentabilidade económica, cultural, social e ambiental. Unhas condicións laborais dignas, o respecto aos dereitos humanos, a inclusión de colectivos desfavorecidos, o respecto ao medio ambiente ou a igualdade de xénero son algúns dos valores que se poden garantir na contratación pública mediante a implantación de cláusulas sociais e ambientais.

 

 

COMPARTIR ESTA FICHA:

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar